Algunhas persoas defíneno como un abismo; un cambio enorme, un tsunami. Como algo que pon todo patas arriba. Como unha ferida. O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que cada ano se presenta nas vidas dunhas 7.000 familias galegas, dándolle a volta a proxectos vitais, parellas, amizades, veciñanza. A Federación e as asociacións galegas de dano cerebral queremos achegarte á realidade das persoas con dano cerebral adquirido. Abrirche a porta das nosas casas. Amosarche que o dano cerebral non é un punto final. Que é un punto e seguido para unha nova vida. www.fegadace.org #puntoeseguido